TORNEO VILA DE ALLARIZ 3X3
PRIMEIRA EDICIÓN
A I Edición do torneo 3×3 Vila de Allariz xorde como unha aposta máis por parte do clube para promocionar e desfrutar do baloncesto na vila de Allariz. Grazas á implicación de unha gran cantidade de xente e ao apoio do Concello de Allariz, da Federación Galega de Baloncesto, do Circuito Galego de 3×3 e demáis colaboradores e patrocinadores do torneo; o 19 de Xullo de 2025 celebrase esta primeira edición.
O TORNEO EN NÚMEROS
A primeira edición do torneo contou con unha boa acollida por parte da comunidade baloncestística, un total de 45 equipos con +170 deportistas e un total de 128 partidos durante unha xornada chea de baloncesto en Allariz, con un total de 8 pistas distribuidas en 2 campos.
CATEGORÍAS
Dende minibasket ata senior, en todas as franxas de idade se leva a cabo a competición poidendo disfrutar sen importar da categoría da experiencia do 3×3.
FIBA 3X3 ENDORSED + CIRCUITO GALEGO
O torneo atópase inscrito e validado na plataforma FIBA 3×3 e cada xogador vinculado ao seu equipo e a súa ficha, polo tanto a competición unha vez rematada e validada puntúa para o ranking FIBA 3×3.
Ademáis tamén se atopa incluido no circuito galego de 3×3 puntuando para a súa clasificación.
GAÑADORES POR CATEGORÍA 3×3 2025:
- MINIBASKET
CAMPIÓN: Bigfour
SUBCAMPIÓN: As Zirallas - INFANTIL
CAMPIÓN: Los Reyes de la Cancha
SUBCAMPIÓN: Triple Amenaza - CADETE
CAMPIÓN: Bonucci Team
SUBCAMPIÓN: Burgas Basquet Verde - JUNIOR
CAMPIÓN: Chouachelas
SUBCAMPIÓN: Escorpións Vermellos - SENIOR
CAMPIÓN: Flow Violento
SUBCAMPIÓN: Maristas 3×3
GAÑADORES DO CONCURSO DE TRIPLES 2025
- MINIBASKET: Inés Martínez
- INFANTIL: Xián Santás
- CADETE: Damián Otero
- JUNIOR: Noa Lorenzo
- SENIOR: Manuel Varela