XUVENIL MASCULINO

XUVENIL MASCULINO: resumo do ano

GRAZAS MATAOS

Unha vez terminada a tempada toca facer balance.

Antes de nada quería darvos as grazas por este ano. Pola vosa ilusión, polo voso compromiso, pola vosa solidariedade, polo voso traballo e polo voso orgullo. Todo isto levou a conseguir o máis importante obxectivo: que todos vós e eu sexamos mellores agora que ao principio de tempada.

Tamén quería pedirvos desculpas. Primeiro por non ser xusto. Os adestradores nunca o somos aínda que o tentemos e seguro que algún mereceu xogar máis minutos ou ter máis protagonismo. Segundo, polos meus enfados e rifas; pero quero que saibades que sempre foi para tentar facervos mellorar. É máis, asegúrovos que vos seguirei gritando para esixirvos o que sei que podedes dar.

E déstelo. Tivemos un comezo decepcionante, pero aos poucos o voso traballo foi dando resultado e as vitorias empezaron a chegar e os obxectivos deportivos tamén. Primeiro meternos nos 4 primeiros, logo loitar por ser terceiros, despois conseguir ser finalistas e nesa final demostrar que aínda sendo inferiores terían que loitar moito para gañarnos. Todo iso conseguístelo vós e eu estou orgulloso de conseguilo ao voso lado.

Outro obxectivo era gozar co noso marabilloso deporte e creo que tamén o conseguimos con fartura. Eu, desde logo gocei moito convosco.

Este domingo xogamos o noso último partido todos xuntos e conseguimos gozar por última vez. Uns seguiredes xogando e eu seguireivos incordiando, outros non poderedes por estudos; pero quero pedirvos algo: nunca vos esquezades de gozar, sempre teredes o baloncesto e o baloncesto sempre quererá xente como vós.

Santi, David, Alex, Iñigo, Xurxo, Celso, Víctor, Álvaro, Brais e Óscar. Foi un pracer, vémonos na cancha.

XUVENIL MASCULINO: A.D. XINZO 47-36 C.B. ALLARIZ

A falta de acerto ofensivo determinou o resultado final dun igualado partido que se resolveu nos 2 minutos finais.

A exageradamente resbaladiza pista de Xinzo impediu que os nosos puidesen desenvolver a súa boa defensa mostrada no anterior partido, fronte a un equipo no que as situacións de dividir e dobrar caracterizan o seu xogo de ataque.

Ler máis...

XUVENIL MASCULINO: ABO 33-62 C.B. Allariz

Chegou a primeira vitoria do noso equipo junior.

Despois dunha desastrosa 1ª parte na que o noso equipo non foi capaz de amosar a teórica superioridade ante o noso rival, deuse paso a un 2º tempo no que os nosos se deron conta de que a superioridade hai que demostrala na cancha a base de esforzo defensivo e boas decisións en ataque.

Ler máis...

XUVENIL MASCULINO: C.B. ALLARIZ 57-47 O BARCO

Segunda vitoria consecutiva e ante un rival directo.

O partido iniciouse con vantaxes curtas dos de Ou Barco, mercé aos problemas defensivos dos nosos e á falta de acerto exterior fronte a unha defensa moi pechada do contrario.

A partir do 2º cuarto, mellorouse a defensa individual e unha zona 1-3-1 bloqueou o ataque rival para acabar a 1ª parte con vantaxe alaricana por 1 punto.

Ler máis...

XUVENIL MASCULINO - 2º XORNADA: MARISTAS 76-34 C.B. ALLARIZ

Partido de dúas caras.

Unha cara na primeira parte, igualada e competindo de ti a ti contra un equipo moi intenso, con ritmo e con defensa moi agresiva, deixou paso a unha segunda parte na que parecía que os nosos se habían quedado no vestiario.

Ler máis...

PATROCINAN

Concello de AllarizDeputación de OurenseCentro Mécido El CarmenAguas SousaBar OrballoAMJ SegurosEmpresa GavilanesAceites AbrilTurini

COLABORAN

  • alarico.jpg
  • andurinha.png
  • anxinhos.jpg
  • eroski_city.png
  • hostal_limia.jpg
  • osmbanner1.png
  • osmbanner2.png
  • persianas_martinez.jpg
  • shop-ad-books.jpg
  • shop-ad.jpg
  • white.png

ORGANISMOS

COMO CHEGAR?

VISITAS