SÉNIOR MASCULINO

SÉNIOR MASCULINO: CÍA. MARÍA 50-73 C.B. ALLARIZ

O noso equipo senior conseguiu a segunda vitoria consecutiva nun partido que dominou desde o inicio.

A primeira parte do pódese considerar perfecta. Excelente defensa, dominio do rebote e xogo fluído de pases en ataque, que fixeron que a diferenza ao descanso fose de 24 puntos.

Ler máis...

SÉNIOR MASCULINO: VIÑA DO CAMPO 61-67 C.B. ALLARIZ

Chegou a primeira vitoria e tivo que ser a domicilio e no derby provincial.

O partido foi o típico derby: duro, intenso, emocionante, con moitos erros, pero tamén con minutos de bo baloncesto.

Desde o principio a iniciativa foi alaricana, cunha defensa moi agresiva e boas lecturas ofensivas. Con todo o noso equipo tamén mostrou a súa cara de peor defensa e malas lecturas, aínda que esta vez foi en menos minutos.

Ler máis...

SÉNIOR MASCULINO - 1ª XORNADA: C.B. LA SALLE 59-48 C.B. ALLARIZ

Debut fóra de casa do equipo sénior fronte a un conxunto compostelán que o ano pasado destacara polo seu bo xogo e os seus bos resultados.

O partido foi o típico primeiro partido de liga onde os dous equipos están faltos de rodaxe e os erros sucédense con máis frecuencia do desexable. O primeiro cuarto foi igualado en erros e marcador.

Ler máis...

SÉNIOR MASCULINO: DORNA 76-65 C.B. ALLARIZ

Viaxábamos coa ilusión de conseguir a 1ª vitoria, a pesar de viaxar coa baixa de Anxo, á que se uniu a última hora Iago Feijoo con problemas estomacais.

Durante 25 minutos fomos por diante no marcador a pesar da rigorosidade arbitral coa nosa defensa, na que todo contacto convertíase en falta, ao contrario que ao rival.

Ler máis...

SÉNIOR MASCULINO: C.B. ALLARIZ 57-65 BOSCO SALESIANOS

 


Partido con inicio dubitavivo no que os dous equipos estiveron moi igualados. Aínda que unha gran defensa foi moi dificil para o xogo interior dos visitantes que superaban moito en altura e kilos. O resultado o descanso 28 -32.

 

No terceiro cuarto un con algún erro defensivo, tivemos que ir remando ata chegar a poñernos a 2 puntos no que un 2+1. Con 18 abaixo e parecía o partido roto un fantástico esforzo defensivo volvimos a achegarnos, pero finalmente unha antideportiva a falta de dous minutos deixou o encontro decido.

PATROCINAN

Concello de AllarizDeputación de OurenseCentro Mécido El CarmenAguas SousaBar OrballoAMJ SegurosEmpresa GavilanesAceites AbrilTurini

COLABORAN

  • alarico.jpg
  • andurinha.png
  • anxinhos.jpg
  • eroski_city.png
  • hostal_limia.jpg
  • osmbanner1.png
  • osmbanner2.png
  • persianas_martinez.jpg
  • shop-ad-books.jpg
  • shop-ad.jpg
  • white.png

ORGANISMOS

COMO CHEGAR?

VISITAS